Dirección ambiental de obras
A función da dirección ambiental é a de asesorar á dirección da obra para dar cumprimento ós requirimentos ambientais durante a súa execución, así como nas fases previas e de finalización.
Naqueles proxectos sometidos a avaliación ambiental, encárgase de asegurar a correcta execución das medidas protectoras, correctoras e compensatorias establecidas no programa de seguemento e vixilancia ambiental e na declaración ambiental formulada pola Administración competente. Os resultados deste traballo reflíctense nos informes periódicos que se xeran tanto para a dirección da obra como para o órgano ambiental.
adantia, s.l. tense encargado da dirección ambiental de diferentes proxectos, tanto de enxeñería portuaria como de infraestructuras liñais e aproveitamentos enerxéticos, proporcionando á dirección da obra un asesoramento integral xerado por un equipo humano altamente especializado.