Avaliación ambiental, programas de vixilancia e seguementos ambientais
A avaliación ambiental constitúe unha das principais ferramentas das que se dotou á sociedade para integrar o desenvolvento económico co mantemento das condicións do medio natural.
A finaliadade destes estudios é a de fornecer de información suficiente á administración, coa participación da sociedade, para que se poida determinar a compatibilidade dun proxecto co medio natural e social.
En consecuencia, cómpre o coñecemento tanto das accións do proxecto, na fase de selección das alternativas, de execución, de explotación e de abandono, como do medio social e natural no que se integra.
Sobre destas bases, o equipo humano de adantia, s.l. implícase na obtención da mellor solución ambientalmente viable e que inclúe a redacción e execución cando así é requirido de programas de seguemento e vixilancia ambiental específica.
A experiencia de adantia, s.l., abrangue distintas tipoloxías de proxectos sometidos a procedementos de avaliación ambiental dende infraestruturas liñais, instalacións portuarias, ou urbanizacións a instalacións enerxéticas.