Inventario e caracterización de verteduras de augas residuais
adantia, s.l. desenvolve traballos de caracterización e inventario de verteduras tanto para empresas privadas como para a Administración.
Para a caracterización de verteduras, realízanse campañas analíticas sobre un programa de mostraxe previamente definido conforme cos principios de representatividade e economía, e apóiase nun equipo técnico con máis de 10 anos de experiencia nestes traballos dotado de avanzados medios de toma de mostras, analíticas in situ e conservación das mostras.
Téñense realizado traballos en industrias de diversa tipoloxía, tamaño e problemática entre as que destacan diversas industrias alimentarias interesadas na implantación de programas de minimización de vertido. Tamén se realizan traballos de caracterización de mostras de auga no marco de programas de seguemento e vixilancia ambiental.