Estudos sobre a Directiva Marco da Auga
A Directiva 2000/60/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 23 de outubro de 2000, tamén coñecida como Directiva Marco da Auga (DMA), establece un marco comunitario para a protección das augas superficiais continentais, de transición, costeiras e subterráneas, para previr ou reducir a súa contaminación, promover o uso sostible, protexer o medio ambiente, mellorar o estado dos ecosistemas acuáticos e atenuar os efectos das inundacións e das secas.
Por mor das numerosas e cada vez maiores presións que soportan os recursos hídricos comunitarios, resulta fundamental empregar instrumentos lexislativos efectivos, para abordar os problemas con claridade, e contribuír a conservar estes recursos para xeracións futuras.
adantia, s.l., gracias á súa experiencia nos aspectos relacionados co Dereito e a Administración da Auga, participa en diversos traballos de implantación da DMA, entre os que destacan os relacionados coa análise económica dos usos da auga e a análise de recuperación de costes dos servizos asociados coa auga, co obxectivo determinado pola propia Directiva de conseguir un bo estado ecolóxico das masas de auga e o seu uso sostible.