Na súa labor de dar un servizo integral, adantia, s.l., dispón dunha área propia de creación de software. Este software está principalmente orientado a:
-Sistemas de Información Xeográfica (SIX)
-Xestión ambiental
Os programas de información xeográfica creados van dende catálogos temáticos onde se pode interactuar cos elementos amosados nos mapas, a ferramentas de xestión e avaliación que permiten facer cálculos e estudos das características do entorno para a toma de decisións.
O software de xestión ambiental está orientado á tramitación de expedientes, levando o control dos mesmos. As aplicacións desenvólvense especificamente segundo as características e necesidades de cada cliente, logrando automatizar ó máximo a xestión dos expedientes, coa xeración automática da correspondencia precisa, documentación interna, escritos administrativos...