Valores e compromiso

adantia, s.l. é unha empresa fundada no ano 1995 que ten como obxecto social todos aqueles aspectos relacionados co medio ambiente.

A área inicial de traballo de adantia, s.l. foi o asesoramento legal e apoio administrativo en materia de calidade das augas. Na actualidade, ademais de profundizar nos campos relacionados coa xestión integral do ciclo da auga, traballamos na redacción de estudos ambientais, exercemos direccións ambientais de obras, elaboramos cartografías temáticas ambientais, tratamos datos con sistemas de información xeográfica e creamos software ambiental e de tramitación administrativa.

En adantia, s.l. estamos dispostos a emprender proxectos de innovación e mellora tanto de procesos como de novas tecnoloxías e servizos e por isto adicamos o 5% da facturación a proxectos de I+D+i, que teñen sido recoñecidos pola Administración competente.

O equipo técnico e administrativo de adantia, s.l. está conformado por Enxeñeiros, Licenciados e Enxeñeiros técnicos con diferentes áreas de especialización en materia ambiental e administrativa, sendo a nosa prioridade satisfacer as necesidades dos clientes, coa maior protección do medio.

adantia, s.l. dispón de oficinas permanentes en Santiago de Compostela, Barcelona e Santiago de Chile, ademais de diferentes oficinas de obra.