Control e asesoramento en depuración de augas residuais

adantia, s.l. está desenvolvendo traballos de control da explotación de depuradoras de augas residuais urbanas para a administración co obxecto de coñecer e controlar as súas condicións de funcionamento e prestar asesoramento técnico ós explotadores.

As instalacións auditadas responden a diversas tipoloxías de tratamento (físico-químicos, fangos activados en diversas modalidades -carga media con estabilización biolóxica de nitróxeno e/ou fósforo-, etc.) que para o caso de Galicia se corresponden con máis de 80 instalacións que no seu conxunto supoñen unha carga contaminante cercana ós dous millóns de habitantes equivalentes.

Para a realización das labores de auditoría, adantia, s.l. dispón de ferramentas de coñecemento e control de todas aquelas áreas relacionadas coa explotación das depuradoras de augas residuais que permiten manter unha información permanente e actualizada sobre o estado, a capacidade estrutural, a eficacia, o rendemento e o coste dos sistemas de saneamento e, por outra parte, dotando dese xeito ás Administracións encargadas da explotación e o mantemento das plantas duns medios técnicos de apoio que lles permiten a mellora na xestión para obter maiores rendementos de depuración con menores costes de explotación.